Antonio Fraguas naceu en Loureiro, Cotobade, en 1905. Alí tivo unha infancia feliz, rural, coma tantos nenos da época. Un rapaz curioso, alegre e vital. Cando estudaba o bacharelato as cousas comezarían a cambiar. Un día o catedrático de debuxo enfermou e foi a substituílo alguén que marcaría profundamente o mozo Antonio.