Retrato Sonoro
Retrato Sonoro

Retrato Sonoro

Sons

Overview
Episodes

Details

Un podcast de Fidel Mouzo e Emmanuel Vazquez que comeza cunha foto, un instante captado en imaxe e cuxa descrición propicia a conversa, a memoria, os feitos e as persoas.

Recent Episodes

Emilio Souto Rega e o pan de Morales.
FEB 8, 2026
Emilio Souto Rega e o pan de Morales.
Este é un novo episodio do podcast Retrato Sonoro, en Sons.red. Nesta ocasión mergullámonos no olor da fariña quente e no crepitar da leña, nese universo onde o pan transcende a súa función de alimento para converterse en memoria, identidade e oficio. Viaxamos a Loureda, en Arteixo (A Coruña), para achegarnos a un forno que leva décadas mantendo viva unha tradición transmitida de xeración en xeración, coma un segredo cotián que non precisa explicación. O protagonista da conversa é Emilio Souto Rega, da panadería Morales, quen nos conduce pola historia familiar que deu orixe ao obradoiro. Conta como o seu pai, tras pasar por un hospicio e fuxir del, foi acollido por unha familia en Lañas. Alí naceu, case sen pretendelo, o vínculo co pan que acabaría definindo o futuro da familia e o nacemento da panadería Morales. Ao longo do episodio falamos do equilibrio —ás veces fráxil— entre tradición e industria, e das luces e sombras de etiquetas como a IXP, que recoñecen un labor artesán pero tamén engaden papeis e burocracia. Comentamos o funcionamento dun forno de leña, un oficio que esixe precisión, paciencia e unha dedicación diaria compartida con seres queridos. Porque o pan galego non é só alimento: é unha aprendizaxe sobre o tempo, a espera e o valor de compartir. A man que amasa, o lume que coce e os repousos da masa falan dunha cultura transmitida a través da práctica e a memoria. No episodio tamén facemos referencia á presenza dixital da panadería, especialmente á súa conta de Instagram @moralespanaderia, que permite seguir o día a día do forno e completar con imaxes o retrato sonoro desta historia. E nestas ligazóns a Youtube, atoparás da canle de Edu Lavandeira, O Pelouro, cunha xornada de traballo na Panadería Morales e a receita de elaboración do seu pan. Tamén aquí podes ver se che interesa o seu libro. Escoitarás tamén a Rosa, irmá de Emilio e compañeira de oficio, quen achega ao final un agradecemento ao oficio.The post Emilio Souto Rega e o pan de Morales. first appeared on Sons Podcasts.
play-circle icon
117 MIN
Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén
JUL 22, 2025
Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén
Hai conversas que son coma camiñar por unha rúa coñecida, con farois acesos e pasos ben marcados. E hai outras… que son como entrar nunha fervenza: poderosa, incontrolable e chea de vida. A de hoxe é desas.Neste novo episodio de Retrato Sonoro, cumpro unha vella aspiración: conversar con Felipe-Senén López Gómez, un dos grandes divulgadores culturais de Galicia, arqueólogo, museólogo e activista do patrimonio. Un torrente verbal —ou mellor dito, unha fervenza de saber— que fai da palabra unha ferramenta de resistencia, de amor á terra, de construción de identidade.Video de Felipe-Senén en Tiktok o InstagramNesta conversa o de menos foron as imaxes que soen propiciar as conversas, pero neste caso, falamos de tres en concreto. Imaxes escollidas por Felipe con dous cadros de artistas galegos como son “O trasmundo” de Laxeiro e “A derradeira lección do mestre” de Castelao. E logo eu, Fidel, propúxenlle a lectura dunha imaxe dunha procesión nunha parroquia de Muxía, en A Coruña, Coucieiro.  "A derradeira lección do mestre" de Castelao "O trasmundo" de Laxeiro Procesión na parroquia de Coucieiro (Muxía) A conversa non foi doada. Non porque Felipe-Senén non se preste, senón porque él segue o seu ritmo, a súa propia cartografía conversacional. E nese fluxo é onde reside a maxia: nas derivacións inesperadas, nos nomes que aparecen, nos lugares que cita, nas lembranzas que convoca. Unha fervenza.A conversa xira en torno ao noso patrimonio cultural derivado do celtismo (como alude él), do cristianismo (pero non o que promove a institución), dun realismo máxico aloxado no imaxinario colectivo, a oralidade popular, os perigos dun turismo mal aplicado, pero que hai que saber explotar, falamos do que somos e do que estamos a piques de esquecer… se non o enxergamos a tempo. Moitos temas que son de dificil condensación nesta presentación.Deixamos por aquí tamén unha ligazón a un vídeo dun discurso dado por Castelao cando retoma a relixiosidade e o realismo máxico: Alba de Gloria. No caso que vos apresentamos é a ofrecida polo Consello de Cultura Galega cunha recreación dese discurso.Xa non che facemos perder tempo sen escoitar a Felipe-Senén. O mellor é que o escoites.Este programa é presentado por Fidel Mouzo, editado por Jordi a.k.a. Mirindo e as voces que escoitas son as de Lorena para o limiar que precede o audio é a de Rosalía para o título do mesmo. Grazas a todas pola vosa colaboración. The post Mentres uns miran, outros enxergan, así fala Felipe-Senén first appeared on Sons Podcasts.
play-circle icon
106 MIN
Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz.
MAY 25, 2025
Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz.
Boas, benvidas e benvidos a un novo episodio de Retrato Sonoro, presentado e producido por Fidel Mouzo. Retomamos o espírito inicial do podcast, deixando momentaneamente o serial sobre o viño con Jorge Marcote en Da cepa á bodega. Hoxe propoñémosvos unha viaxe ao pasado da man dunha muller coa que sempre asocio mestría: María Loira Enríquez, arqueóloga, investigadora e profesora na UNED, onde tiven a sorte de tela como mestra. Nesta conversa, que non é unha entrevista ao uso, falamos de historia e de moito máis: das miñas teimas persoais, do que aprendín con ela sobre a Gallaecia romana, e da sorte de contar con profesoras que esperten a curiosidade e o desexo de investigar. Normalmente en Retrato Sonoro, a conversa comeza cunha fotografía achegada pola persoa convidada. Unha imaxe que resume o camiño. Pero hoxe tróuxena eu: comezamos falando do crismón de Quiroga, tamén presente no podcast Limiar, e desde aí abordamos a romanización, os territorios ártabros, a mestura de culturas, os castros, pedras formosas, e as pinturas murais nas vilas romanas de Cambre e A Coruña.   FOTO CRISMÓN. Procedencia, páxina de Turismo da Deputación de Lugo Unha das pinturas nunha posible Domus Ecclesiae na cidade de A Coruña, estudada por María, e da que tedes a ligazón no parágrafo anterior, pódese visitar no Museo Arqueolóxico da Coruña e é especialmente enigmática. Tamén falamos do papel silenciado pero esencial das mulleres no cristianismo primitivo, e da súa relevancia na historia. Este episodio non pretende ser unha lección académica, senón un convite a mirar ao pasado con respecto e ilusión, esa que María define como “o mellor antirrugas”. Así debuxamos unha Galicia inserida nun imperio, pero tamén chea de humanidade e identidade propia. Porque, como di María, falamos latín… Nesta introducción non está, nin moito menos, presente todo o contido da conversa… para iso terás que escoitarnos a María Loira e a mín… Agradecemento especial á dirección do Centro Asociado UNED da Coruña por permitir a gravación deste episodio nas súas instalacións. Un xesto que honra á institución   FOTOGRAFÍA DE MARÍA LOIRA ENRÍQUEZ. DOADA POLA PROTAGONISTAThe post Entre pedras, paixón e latín mal falado: María Loira Enríquez e o segredo de vivir tranquiliña e feliz. first appeared on Sons Podcasts.
play-circle icon
148 MIN
Da cepa á bodega: Uvas, filoxera e… Graham Greene? Un episodio, o número 4, sorprendente con Luis Congil!
APR 30, 2025
play-circle icon
33 MIN
Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3
APR 16, 2025
Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3
Benvidas e benvidos a este terceiro episodio do noso serial Da cepa á bodega, onde seguimos afondando na historia do viño en Galicia da man do xornalista Luis Congil, autor de A marabillosa historia do viño en Galicia, publicado polo Consorcio Editorial Galego. Este podcast, conducido por Fidel Mouzo e acompañado polo viticultor Jorge Marcote, continúa a súa viaxe polos segredos, as lendas e as evidencias históricas que nos conectan co noso pasado vitivinícola. Que atoparás (entre moitas cousas) neste episodio? Un fascinante debate sobre a posible (ou non) recuperación de variedades de uva extintas grazas ao ADN atopado en sementes procedentes de escavacións arqueolóxicas. Referencias a vestixios do viño en Galicia en lugares históricos, de San Martiño de Dumio, de Alfonso X, O Sabio… A presenza do viño galego en símbolos tan icónicos como o Escudo de Galicia e a súa pegada na arte, como na pintura flamenca que representa Ribadavia. A relación entre o noso viño e feitos históricos como a Armada Invencible. A historia do viño en Galicia está chea de relatos sorprendentes, de pegadas que aínda estamos a descubrir e de preguntas que nos fan mirar cara ao futuro: será posible recuperar algunhas das uvas que se daban na nosa terra hai séculos? Se queres saber máis, dálle ao play e acompáñanos nesta conversa chea de historia, cultura e moito viño! Escoita xa este terceiro episodio con Luis Congil en Da cepa á bodega e coméntanos que che parece!The post Da cepa á bodega: O pasado e o futuro do viño galego. Con Luis Congil, episodio 3 first appeared on Sons Podcasts.
play-circle icon
31 MIN